HomePolíticaA alcaldesa de Sarria: "Balseiro pasea pola provincia vendendo os gastos que...

A alcaldesa de Sarria: “Balseiro pasea pola provincia vendendo os gastos que teñen que asumir por lei”

A alcaldesa de Sarria critica a actitude do delegado provincial da Xunta, José Manuel Balseiro, no tocante a visitar os investimentos do goberno autonómico en Sarria

Publicado o

- Advertisement -

A alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez salienta que “Balseiro dedícase a pasear pola provincia, vendendo os gastos correntes que a Xunta ten a obriga de asumir por lei, en vez de destinar fondos para as novas dotacións que melloren a calidade de vida dos nosos veciños”.

López Yáñez fai referencia á visita de o luns 4 xuño a Sarria para “supervisar” as instalacións da biblioteca escolar IES Gregorio Fernández, á que destina fondos o goberno autonómico para o seu mantemento. En declaracións da alcaldesa, “a Xunta non se preocupa en mellorar os servizos públicos dos máis de 13.000 veciños. Só están pendentes de saír nos medios de comunicación e vendendo actuacións que forman parte dos seus gastos correntes, en vez de achegar novos investimentos e dotacións ó noso municipio. O goberno do PP negouse a arranxar a rúa Diego Pazos, que é da súa titularidade, e fomos nós, os socialistas, os que melloramos esta vía céntrica cun investimento de 250.000 euros por parte de Deputación”.

A alcaldesa remata a súa intervención declarando que, “o que debería de facer a Xunta en Sarria é traer investimentos reais como fai a Deputación de Lugo, pois este Concello sobrevive grazas ó esforzo inversor de máis de dez millóns de euros que se fixo dende o Executivo Provincial. Deste xeito imos substituir o firme da Rúa Calvo Sotelo, dotaremos de pasos e peóns á zona urbana de Sarria e repintaremos os existentes, entre outras moitas melloras máis que están programadas”.

Ademais do IES Gregorio Fernández, as bibliotecas do IES Lama das Quendas de Chantada, dos centros monfortinos IES A Pinguela, IES Río Cabe, CEIP A Gándara, CEIP de Monforte de Lemos e IES Francisco Daviña Rei, o CEIP da Pobra do Brollón, o IES e o CEIP de Quiroga, o CEIP de San Clodio, o CEIP Plurilingüe de Sober e o CEIP Monte Baliño de Pantón, recibirán melloras nas súas por cun investimento total de 24.200 euros englobados no denominado “Planbe”.

 

ÚLTIMAS

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...

D 4 ao 6 de xullo celébrase a VII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A montaxe e deseño dos stands, continúa a liña de edicións anteriores, pero modifícase...

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o...