HomeSucesosArde unha máquina industrial no interior dunha nave en Sarria

Arde unha máquina industrial no interior dunha nave en Sarria

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio afectou na madrugada deste martes a unha máquina industrial que se atopaba no interior dunha nave no municipio lucense de Sarria.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, os feitos sucederon sobre as 5,20 horas no polígono de San Xulián de Veiga, ata onde se desprazaron os Bombeiros de Sarria. As chamas, que calcinaron por completo a máquina, quedaron sufocadas sobre as 6.00 horas.

No operativo participaron tamén efectivos do 061, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención porque non se rexistraron feridos. A Garda Civil investiga as causas do lume.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...