HomeSucesosTrasladadas dúas persoas por intoxicación por un escape de gas nunha vivenda...

Trasladadas dúas persoas por intoxicación por un escape de gas nunha vivenda de Sarria

Os feitos sucederon sobre as 20,00 horas deste martes.

Publicado o

- Advertisement -

Dúas persoas, un home e unha muller, foron trasladadas a un centro médico na noite deste martes ao presentar síntomas por unha posible intoxicación de monóxido de carbono procedente da defectuosa combustión dun quentador nunha vivenda en Sarria.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 20,00 horas deste martes á altura do número 158 da rúa de Calvo Sotelo, en Sarria.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertou ao 112 Galicia do escape de gas, tras o que o CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Sarria, da Policía Local e da empresa subministradora do gas.

Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencia levaron a cabo as comprobacións correspondentes, que confirmaron a presenza de monóxido de carbono. A partir de aí procederon a ventilar a casa.

O 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico que levou ás dúas persoas, un home de 44 anos e unha muller duns 48, ao centro de Atención Primaria de Sarria, confirmaron fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...