HomeSucesosBuscan unha muller desaparecida en Sarria

Buscan unha muller desaparecida en Sarria

Non se sabe nada dela desde que onte marchou para ir ao seu traballo en Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil activou o protocolo habitual de procura de persoas desaparecidas para tratar de localizar a Ana María Ares, unha muller de 47 anos de idade, veciña da localidade de Sarria, da que nada se sabe desde a mañá de onte, cando marchou para ir traballar a Lugo.

Fontes da Garda Civil informaron de que, de momento, “todas as hipóteses seguen abertas” en canto á desaparición de Ana María Ares, que foi concelleira do Partido Socialista no municipio de Sarria.

Ademais de activar o protocolo de persoas desaparecidas, abriuse unha investigación para aclarar cales poden ser as circunstancias desta ausencia.

Na procura participan desde o xoves axentes de Seguridade Cidadá e da Garda Civil de Tráfico, por se a muller puido sufrir un accidente de camiño ao seu traballo, e solicitouse a colaboración de guías caninas e mesmo dun helicóptero.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...