HomeMedio ambiente e PatrimonioAnimalistas denuncian unha "macrobatida" de raposos o sábado en Triacastela e Láncara

Animalistas denuncian unha “macrobatida” de raposos o sábado en Triacastela e Láncara

A asociación Libera lembrou que o raposo é "un dos depredadores naturais" das ratas, a especie que está provocando perdas económicas na comarca.

Publicado o

- Advertisement -

A asociación animalista Libera denunciou este mércores a celebración o vindeiro sábado en Láncara e Triacastela de dúas “macrobatidas” para “masacrar raposos”, onde están convocados “decenas de cazadores vidos das catro provincias de Galicia”.

Nun comunicado, os animalistas criticaron que a Xunta “non informase desta convocatoria”, que se coñece “a través de redes sociais”, algo que, aseguran, “volve pór en risco as persoas que este sábado quixesen dar un paseo, recoller fungos ou realizar algún deporte ao aire libre nas zonas escollidas”.

A asociación lembrou que os cultivos desta zona de Lugo “levan semanas” sufrindo danos pola poboación de ‘ratas’, unha especie que está “a provocar perdas económicas aos agricultores da comarca”. O raposo, apunta, é precisamente “un dos depredadores naturais deste roedor”.

Libera cualificou de “aberración” que a Consellería de Medio Ambiente “vaia autorizar un novo pseudocampionato para exterminar raposos sen dispor dun só traballo científico independente” que o avale, xa que, aseguran, “os plans de ordenación e outros documentos dos cotos de caza son elaborados por empresas con intereses no sector”.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...