HomeComarca de SarriaHéctor Corujo, alcalde do Incio: "Hai moito medo e veciños atemorizados"

Héctor Corujo, alcalde do Incio: “Hai moito medo e veciños atemorizados”

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde do Incio, o popular Héctor Corujo, confesou que os veciños están “atemorizados” e viven “con medo” ante a proliferación de casos de COVID-19 na localidade, aínda que confiou en que o cribado permita descubrir que a incidencia do virus fóra da residencia de maiores é “pequena”.

O rexedor aproveitou para “lamentar” o falecemento do sétimo afectado polo virus nesta residencia, un home de 90 anos que se atopaba no Hospital Lucus Augusti e trasladou as súas condolencias ás familias de todos os afectados.

Tal e como apuntou o alcalde, a primeira fronte de COVID-19 na localidade é a residencia de anciáns, que rexistra 89 afectados e que se atopa intervida por Sanidade. Con todo, para coñecer o alcance do virus no propio municipio, ao longo deste martes desenvólvense 200 probas de cribado entre veciños.

Residencia do Incio / Eliseo Trigo (EFE)

O que se trata de pescudar é ata que punto saltou (o virus) e que incidencia ten no concello, que parece que vai ser pequena, segundo os datos”, destacou alcalde. “A situación non a esperaba ninguén, foi unha sorpresa”, concluíu.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...