HomesociedadeClamor animalista trala morte "a tiros" dun can a mans dun veciño...

Clamor animalista trala morte “a tiros” dun can a mans dun veciño de Láncara

Piden á administración que se "poña as pilas" para evitar casos semellantes.

Publicado o

- Advertisement -

Primeiras reaccións á morte dun can tiroteado en Láncara. A Asociación Animalista Libera reclamou esta mañá unha maior “implicación do conxunto das administracións públicas” con vistas a evitar “novos casos” semellantes ó acontecido no municipio da comarca de Sarria. 

Tal e como lembran dende a asociación, o presunto crime polo que foi imputado un home de 55 anos “súmase a outros sucesos similares na provincia durante o último ano”. Para a plataforma, o acontecido en Láncara “evidencia a despreocupación pola materia” a respecto dos poderes públicos, contra os que carga por “non ter tomado medidas” para evitar “situacións similares”. 

URXEN Á ADMINISTRACIÓN A “POÑERSE AS PILAS” 

Ante esta circunstancia, o colectivo animalista vén de urxir á Deputación Provincial e aos municipios lucenses “a poñerse as pilas” coa planificación e desenvolvemento dunha estratexia de sensibilización continuada que axude a previr, identificar ou localizar futuros actos de crueldade cara aos animais, e que sirva para educar á cidadanía. 

“Os disparos de Láncara poñen sobre a mesa un debate ineludible: a falta de políticas públicas de benestar animal, que na provincia se reducen á licitación de servizos de recollida ou a redactar convenios con entidades non lucrativas”, conclúe o comunicado da plataforma animalista.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...