HomeMedio ambiente e PatrimonioO Concello de Triacastela suspendeu en novembro a licencia urbanística á canteira...

O Concello de Triacastela suspendeu en novembro a licencia urbanística á canteira de Cova Eirós

Con todo, a alcaldesa di que seguen tendo vixente o permiso que lles deu a Xunta.

Publicado o

- Advertisement -

A alcaldesa de Triacastela, a popular Olga Iglesias, dixo que o seu concello “xa suspendeu” en novembro a licenza urbanística da empresa canteira que operaba na contorna da Cova Eirós.

O anuncio chega logo de que o Tribunal Supremo desestimase o recurso de casación presentado contra unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulaba esta licenza por atoparse nesta área rústica protexida.

En concreto, puntualizou a rexedora, trátase dun fallo do tribunal galego do “mes de novembro“, polo que o Consistorio “xa executou e suspendeuse” dita licenza. “A empresa tomará as súas decisións e entre outras cousas xa presentou no seu momento unha solicitude para un título habilitante que lle permite a Lei de Urbanismo de Galicia”, aclarou Iglesias.

De feito, e segundo dixo a alcaldesa, a compañía podería seguir traballando con ese “título habilitante” que lle concedeu a Xunta a través da Lei de Urbanismo de Galicia. Con todo, agora non hai persoal traballando nese lugar, porque a empresa mandounos á fábrica de Toral de los Vados, onde “si teñen un título habilitante que solicitaron desde 2018”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...