HomePolíticaC's presenta a súa candidatura no concello de Sarria a pesar das...

C’s presenta a súa candidatura no concello de Sarria a pesar das “presións” do PP

A formación acusou os populares de querer "torpedear" a lista no concello sarrián.

Publicado o

- Advertisement -

Ciudadanos (C’s) logrou pechar unha nova candidatura para as eleccións municipais do 28 de maio (28M). En concreto, á listaxe de localidades nas que concurirrá suma o concello de Sarria, onde encabezará a súa lista o ex edil popular, José Manuel Belo Rodríguez.

A formación laranxa informou que Belo poderá encabezar a lista tras días de negociacións. Os requisitos que lle solicitaron desde C’s é que renuncie á súa acta de concelleiro e á militancia popular, a afiliación inmediata a C’s e a aceptación da carta ética do partido extensible a “todo o capital humano” sumado por Belo ao proxecto en Sarria.

Cumpridas estás premisas, ao límite do prazo, ás 23,00 horas do 24 de abril formalizouse a lista sarriá de C’s. A formación laranxa denuncia que o PP tentou “torpedear” a mesma ata o último momento “presionando ata a cinco membros da lista de C’s para que presentasen a súa renuncia” a concorrer na candidatura tras a súa confirmación verbal.

Dita presión, di Cs, exerceuse “a través de distintos métodos”. “As prácticas levadas a cabo socavan, na nosa opinión, os valores democráticos e limitan o desenvolvemento dun sistema que necesita imperiosamente erradicar os metodos da vella política para poder crecer“, advirte a formación.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...