HomesociedadeAnimalistas denuncian "ameazas" dos cazadores e remiten gravacións como proba

Animalistas denuncian “ameazas” dos cazadores e remiten gravacións como proba

A asociación Libera enviará ao Consello Superior de Deportes (CSD) vídeos nos que se oe un cazador pronunciando frases como: "non me graves, que comes a escopeta". Aseguran ter filmado tamén "cazadores a menos de 100 metros de vivendas habitadas"

Publicado o

- Advertisement -

A asociación animalista Libera denunciará ante o Consello Superior de Deportes (CSD) as “ameazas” que supostamente recibiron por parte de cazadores participantes na batida de raposo celebrada o pasado fin de semana en Triacastela e Lugo. Os animalistas remitirán gravacións como proba e, ademais, sinalarán “incumprimentos” da lei de caza.

Nun vídeo gravado por estes animalistas pódese escoitar a un dos cazadores dicirlles aos activistas: “Non me graves, que comes a escopeta”. A asociación Libera razoa que se estes “pseudocampionatos” son considerados “actividade deportiva” —algo ao que se opoñen—, “deben estar sometidos a toda unha xurisdición sectorial, tamén sobre prevención de actitudes violentas“.

Así mesmo, Libera asegura que recompilou información sobre supostas irregularidades como “cazadores a menos de 100 metros de vivendas habitadas” ou cans que “cruzaban unha estrada sen control algún”. Todas estas gravacións serán trasladadas ao CSD, aseguran.

Neste sentido, os animalistas recriminan que a Xunta “non se puxera as pilas para endurecer normativamente a actividade, nin sequera para cumprir o establecido na actual lei”. Lembran que en Galicia faleceron “dezaseis persoas como consecuencia da caza” durante a última década.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...