Homesociedade46.000€ para a reforma da antiga escola da parroquia de Láncara

46.000€ para a reforma da antiga escola da parroquia de Láncara

Concello e Deputación asinan convenio polo que o organsimo provincial achega preto de 46.000 euros para a reforma da antiga escola da parroquia lancaresa, situada no núcleo rural da Veiga de Outeiro, e que na actualidade é un local social de titularidade municipal

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé puxo en valor esta colaboración económica que destacou, “demostra o compromiso que mantén a institución provincial coa cooperación cos concellos, dando resposta ás súas demandas para ofrecer máis e mellores servizos públicos para os veciños e veciñas.”

As obras que se van realizar na escola consisten na unión das dúas salas que conforman o edificio nun único espazo, o que facilitará a realización de actividades sociais e culturais. Con este proxecto tamén se remodelarán os aseos, co fin de dotar ao local de servizos accesibles, cumprindo desta forma co disposto na normativa en materia de accesibilidade. 

ÚLTIMAS

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...