HomeComarca de SarriaDetido un mozo de Láncara por provocar un incendio nun alpendre que...

Detido un mozo de Láncara por provocar un incendio nun alpendre que afectou a maquinaria e outros aveños

Os danos causados atópanse pendentes de valoración.

Publicado o

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a un mozo veciño do municipio de Láncara de 23 anos de idade como presunto autor dun delito de danos por causar un incendio nun alpendre que afectou a maquinaria.

Segundo informou o Instituto Armado, supostamente este home provocou “un incendio intencionado” nun alpendre, que causou danos no teitume de uralita e afectou a un tractor, un remolque, unha rotoempacadora e un conxelador.

Os danos atópanse pendentes de valoración, sinalaron as mesmas fontes, mentres que a persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...