HomeComarca de SarriaLáncaraA CHMS e o Concello de Láncara acordan as obras para substituír...

A CHMS e o Concello de Láncara acordan as obras para substituír a ponte sobre o río Sarria e aumentar a súa capacidade

O protocolo ten por obxecto establecer o marco para unha futura colaboración entre ambas as partes para o financiamento e execución das actuacións.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e o alcalde de Láncara, Antonio Piñeiro, asinaron este venres o protocolo que posibilitará as obras de substitución da ponte sobre o río Sarria no núcleo de Supena, co obxectivo de aumentar a súa capacidade de desaugadoiro.

O protocolo ten por obxecto establecer o marco para unha futura colaboración entre ambas as partes para o financiamento e execución das actuacións, que suporán un investimento estimado de 750.000 euros, coas que se mellorará o tránsito e a comunicación de máis de 200 veciños da zona.

“As obras consistirán na demolición completa da estrutura existente e na construción dunha nova ponte, cumprindo todos os requisitos establecidos no Plan Hidrolóxico vixente, cunha maior sección e anchura e, por tanto, maior capacidade de desaugadoiro”, explicou o presidente, “actuacións que poderían comezar no segundo semestre do ano”, engadiu.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil farase cargo da licitación, adxudicación e xestión dos contratos de obra e servizos, ata a finalización das actuacións. Pola súa banda, o Concello de Láncara porá a disposición os terreos e as infraestruturas necesarias para a execución das obras.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...