HomeComarca de SarriaLáncara98º aniversario do natalicio de Fidel Castro

98º aniversario do natalicio de Fidel Castro

Foi este martes 13 de agosto na Casa Museo “Ángel Castro” de Láncara, centro de interpretación da inmigración galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 13 de agosto tivo lugar en Láncara un acto co gallo do 98º aniversario do nacemento de Fidel Castro. Concretamente na Casa Museo Ángel Castro, Centro de Interpretación da Emigración e promovido pola Asociación de Amizade Láncara-Cuba.

No evento estiveron presentes, entre outras autoridades, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; o Embaixador da República de Cuba, Marcelino Medina; o Vicepresidente da institución provincial, Efrén Castro Caloto, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López; e o presidente da Asociación Amistad Láncara-Cuba, Antonio Sobrado Carballo.

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro Caloto, destacou os lazos que unen ao pobo galego e cubano, fiados por unha emigración masiva de Galicia a América nas últimas décadas do XIX e primeiras do XIX, e reclamou a fin do bloqueo embargo económico e comercial de Estados Unidos a Cuba, vixente desde hai máis de seis décdas. Ao remate,  Efrén Castro entregou á delegación cubana unha pandeireta do artesán Xaneco Tubio.

Entrega do agasallo á delegación cubana. Foto: Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Pilar García Porto destacou a importancia deste espazo cultural, reformado e acondicionado coa colaboración da Deputación e situado na casa natal dos fillos e irmáns do líder histórico da Revolución. Subliñou que “o museo non só preserva e promove o legado cultural e histórico que une Galicia e Cuba, senón que tamén fortalece os lazos económicos e afectivos da emigración galega” e afirmou que “este museo mantén viva a memoria e promove o entendemento mutuo, xa que Cuba ocupa un lugar destacado no corazón dos lucenses, sendo Lugo a provincia galega que máis capital humano achegou ao país no século XX”.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, salientou esta visita institucional “como unha oportunidade de tender pontes e reforzar a cooperación entre Lugo e Cuba, facendo mención ás raíces galegas de distintos representantes políticos cubanos e ás visitas que realizaron á provincia”.

ÚLTIMAS

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo...