HomeMedio ambiente e PatrimonioExtinguen o incendio forestal que queimou unhas 30 hectáreas no Incio

Extinguen o incendio forestal que queimou unhas 30 hectáreas no Incio

O lume iniciouse onte, día 1 de xaneiro, na parroquia de San Salvador do Mao.

Publicado o

- Advertisement -

O incendio forestal declarado no concello do Incio durante a tarde de Aninovo quedou extinto este xoves. Calcúlase que queimou unhas 29,8 hectáreas de superficie.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume comezou ás 18.07 horas do mércores día 1 na parroquia de San Salvador do Mao. Tras quedar controlado ás 4.00 horas deste xoves, foi extinto a iso das doce e cuarto da mañá.

As últimas estimacións apuntadas por Medio Rural sitúan a superficie afectada por este lume en 29’8 hectáreas, das cales 23’8 corresponden a monte raso e outras seis a arboreda.

Na súa extinción participaron tres axentes, oito brigadas e tres motobombas, segundo concretou a Consellería do Medio Rural.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...