HomesociedadeFeijóo defende a intervención na residencia do Incio con "reforzo" de visitas...

Feijóo defende a intervención na residencia do Incio con “reforzo” de visitas sanitarias

O presidente apuntou que se trata dun brote "numeroso desde o punto de vista dos usuarios afectados", pero matizou que "a maioría non revisten unha preocupación asistencial máxima".

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo defendeu este mércores a actuación na residencia do Incio, intervida pola Administración galega, na que se acometeu “un reforzo” das visitas sanitarias e na que, segundo dixo, o propio centro “aumentou tamén o persoal” sanitario.

Así o trasladou despois de transcender que se rexistrou un incremento significativo dos contaxios computados, que superan o centenar.

Tras a reunión do comité clínico, o presidente apuntou que se trata dun brote “numeroso desde o punto de vista dos usuarios afectados”, pero matizou que “a maioría non revisten unha preocupación asistencial máxima”.

“Aínda que si temos algún que preocupa non por dar positivo senón polas súas patoloxías e a súa idade”, recoñeceu Feijóo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...