HomeCulturaO Incio vólcase cos máis novos

O Incio vólcase cos máis novos

Instalado o novo material do parque infantil da Praza do Concello, unha praza que é escenario principal da programación cultural deste verán.

Publicado o

- Advertisement -

Os nenos e nenas do Incio contan cun modernizado parque infantil para gozar do tempo de lecer. Ao esvaradoiro engadíronse as randeiras e substituise o bambán que había e que estaba moi deteriorado. O novo espazo de xogos complétase coa instalación das correspondentes baldosas de protección. A mellora foi posible grazas ao Plan Único da Deputación e a aportación do Concello.

Na mesma Praza do Concello está todo preparado para celebrar este xoves día 9 a Festa da auga e xogos acuáticos, unha cita diferente que fará as delicias dos máis pequenos a partir das 17.00 h.

Para o día 10 a cita é co espectáculo Brinca Vai! De aquí para acolá a cargo de Paco Nogueiras ás 20.00 h. O día 18 ás 20.00 h. Cándido Pazó fará o monólogo “Contos, comedias e outras lerias”. O 19 de agosto tamén ás 20.00 h. haberá un concerto e o día 22 ás 16.00 actuará Paco da Ferrería e ás 18.30 teatro coa obra “Falar sen cancelas”.

Paco Nogueiras en Monforte o pasado Nadal / XdL

Xa o día 2 de setembro celebrarase a X edición da Feira de Artesanía e Etnografía con concerto de Lucía Pérez. O 15 de setembro ás 21.00 celebrarase sesión de contacontos con César No e “Os contos da avoa”. O 16 ás 20.00 a cita será co teatro e pecharase a programación cultural do verán o día 17 no Punto de Atención á Infancia co concerto “O son que me arroupa”.

Todos os mércores de agosto en horario de 18.00 a 19.30, como xa aconteceu en xullo, desenvólvese a actividade para nenos “Xogamos en inglés”.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...