HomeEconomíaObxectivo: ter traballo

Obxectivo: ter traballo

Os 5 traballadores cos que conta o concello do Incio a través do programa Depuemprego fan labores de desbroce, mantemento de vías e recollida de lixo.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Incio reforza a prestación de servizos municipais aos veciños do municipio coa contratación de 5 traballadores:

  • Eugenio, 29 anos, levaba parado desde decembro e en xuño comezou a traballar no Incio en labores de desbroce, limpeza, acondicionamento de vías,…
  • Carlos, 37 anos, traballaba nunha panadería de Lugo cos correspondentes desprazamentos diarios, levaba parado un mes e agora, no Incio onde reside, ocúpase da recollida de lixo co camión.
  • Agustín, 29 anos, case un ano parado e agora é peón de obras públicas.
  • Sergio, economista 48 anos, traballaba nunha asesoría en Monforte, estivo máis dun ano parado e hoxe realiza labores de desbroce no Incio.
  • Jose, 32 anos, levaba parado oito meses ata que foi un dos seleccionados polo programa Depuemprego e na actualidade no Incio encárgase do desbroce e da recollida de lixo como peón de obras públicas.

O Deputado de Relacións Institucionais da Deputación, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro García, mantiveron un encontro con estes profesionais para coñecer cal é o seu traballo e se están satifeitos na nova situación.

Segundo Santos Ramos púxose en  marcha esta programación desde a Deputación, conscientes das limitacións que teñen os municipios para contratar. Deste xeito mellórase a taxa de reposición dos traballadores públicos e mellóranse os servizos ofrecidos aos veciños.

 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...