HomeMedio ambiente e PatrimonioLonga vida para a Casona do Incio

Longa vida para a Casona do Incio

A Deputación recuperará esta edificación que quería derrubar o Suplusa, organismo que preside o ex deputado socialista Manuel Martínez, co apoio do PP.

Publicado o

- Advertisement -

O Pleno da Deputación de Lugo, cos apoios do PSOE e BNG, acordaron rehabilitar o emblemático edificio conservando -presumiblemente neste mesmo ano- , na medida do posible, as estrutura e construcións actuais da Casona e o seu uso establecerase de mutuo acordo entre o organismo provincial e o Concello do Incio.

Deste xeito garántese a conservación dun edificio histórico que no seu día fora adquirido pola Deputación co obxectivo de poñelo ao servizo dos veciños unha vez restaurado. Para levar a cabo a renovación da construción, a Deputación promoverá un novo convenio de colaboración co Concello no que se decidirá o seu uso unha vez finalizada a obra e para o que se redactará o proxecto coas súas especificacións concretas. No convenio tamén se determinará o marco económico-financieiro e temporal para a execución ademais dos trámites necesarios para que a propiedade do ben resida no Concello do Incio.

Cabe destacar que esta rehabilitación foi aprobada pola Deputación nunha moción logo de que o presidente de SUPLUSA, Manuel Martínez, anunciara a súa intención de derrubar o edificio para posteriormente construír outro no mesmo lugar con características semellantes.

 

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...