HomeEconomíaA Deputación aproba o pago de dúas subvencións a asociacións do Páramo

A Deputación aproba o pago de dúas subvencións a asociacións do Páramo

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial aprobou o último paso administrativo para o pago de 6 subvencións dentro do programa da Deputación para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios. En total son máis de 34.000€ para diferentes entidades dos concellos do Páramo, Viveiro, Friol, Riotorto e Cervantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso do Concello do Páramo probouse o pago de 6.000€ á Asociación veciñal San Xoán de Friolfe para instalar o valado do campo da festa de Friolfe. Outros 6.000€ son para a Mancomunidade de montes O Faro. Os fondos destináronse a mellorar a área de descanso Tras a devesa.

Estas achegas da Deputación eran as últimas que quedaban por xustificar da segunda edición da liña de axudas deste programa que naceu hai 3 anos e para o que se destinan cada ano 300.000€. O programa está dirixido a asociacións e agrupacións de veciños e veciñas, comunidades de usuarios e usuarias de augas, comunidades de montes ou asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais dos 67 concellos da provincia.

O obxectivo desta liña de axudas é poder realizar –con achegas que oscilan entre os 1.000 e os 6.000€- investimentos en inmobles ou equipamentos que permitan mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, unha cuestión que, sen dúbida, é fundamental para fixar poboación no rural.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...