HomePolíticaO alcalde de Paradela denuncia a un veciño por "darlle dous golpes...

O alcalde de Paradela denuncia a un veciño por “darlle dous golpes no peito” tras cambiarlle un colector do lixo

Os feitos tiveron lugar o martes cando un grupo de veciños mantivo un encontro co rexedor para protestar por esta decisión.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Paradela, José Manuel Mato (PP), presentou denuncia no cuartel da Garda Civil de Portomarín por mor da suposta agresión sufriu no seu propio despacho por parte dun veciño dese municipio lucense.

Segundo explicou o propio rexedor local, os feitos sucederon o pasado martes, cando veciños do lugar de Uceira Branca, un núcleo da parroquia de Castro de Rei de Lemos, presentáronse no Concello de Paradela para protestar polo cambio de localización dun colector de lixo.

Ao final, lamentou o alcalde, ese intercambio de impresións “dexenerou no que dexenerou”. A conversación foi subindo de ton e acabou nunha discusión, momento no que supostamente un dos veciños propinoulle dous golpes no peito ao rexedor local, á vez que outros o insultaban.

“Deume dous golpes no peito”, dixo o rexedor local, quen non se esperaba tal reacción, porque “estaba a un metro de min”. O alcalde acudiu ao centro de saúde e, posteriormente, presentou a denuncia “por agresión ante a Garda Civil”. Mato amentou o sucedido e dixo que para el foi “un desgusto”.

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...