HomeCulturaUn novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

Monforte de Lemos contará desde o venres, 23 de xaneiro, cun novo cineclub grazas á colaboración do Colectivo Nordés, Fancine de Lemos e o Ateneo Casino, tres entidades comprometidas coa difusión do cinema como ferramenta cultural e social.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte de Lemos, unha cita semanal estable para as persoas afeccionadas ao cine. As sesións serán gratuítas e abertas ao público ata completar aforo.

Esta primeira serie de sesións ofrecerá unha programación variada e plural en xéneros e estilos, como terror, animación e fantástico, comedia, drama e cine clásico, co obxectivo de chegar a públicos diversos e fomentar unha mirada crítica e curiosa sobre o cinema.

Ademais, o cineclube aposta tamén pola conciliación e a formación de novos públicos, polo que está prevista a realización de sesións dirixidas ao público familiar dous sábados ao mes, cunha selección de películas pensadas para ver en familia

Co apoio a esta actividade, o Ateneo Casino reforza os seus obxectivos como entidade cultural, comprometéndose co tecido cultural de Monforte de Lemos e posibilitando o encontro a cidadanía arredor da cultura, entendida como espazo de diálogo, reflexión e convivencia.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...