HomesociedadeUn pai de familia numerosa de Paradela gaña 400.000 euros no Sorteo...

Un pai de familia numerosa de Paradela gaña 400.000 euros no Sorteo Extraordinario de Nadal da ONCE

Publicado o

- Advertisement -

Un veciño de Paradela, traballador do Parque Industrial de Campiña, gañou 400.000 euros cun cupón do Sorteo Extraordinario de Nadal da ONCE. Segundo informa a organización, este lucense foi agraciado cun dos primeiros premios deste sorteo levado a cabo no mediodía deste mércores, día 1 de xaneiro, en Madrid.

O repartidor do ONCE encargado da zona, José María Rosende, explica que aínda que sabe a identidade concreta do agraciado, cre que se trata dun abonado ao que vendeu o cupón por máquina. Ademais, Rosende explica que, se acerta coas súas sospeitas sobre quen é o premiado, poríase “máis contento aínda”, porque é un pai de familia numerosa que adoita xogar sempre co mesmo número. Así a todo, o vendedor manifesta que “non hai mellor forma de empezar o ano”.

Ademais dos 400.000 euros para este lucense, o primeiro premio do Extra de Nadal do ONCE repartiu 8 millóns de euros en Cataluña, 5,2 millóns en Canarias, 4 millóns en Andalucía, 800.000 euros na Comunidade Valenciana, e outros 400.000 euros en Madrid.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...