HomeComarca de SarriaParadelaUn conductor borracho atropela un corzo en Paradela

Un conductor borracho atropela un corzo en Paradela

A vítima sufriu feridas leves, aínda que tivo que ser evacuado ao Hospital Lucus Augusti da capital luguesa.

Publicado o

- Advertisement -

Un condutor de 28 anos que duplicaba a taxa de alcoholemia permitida protagonizou un accidente ao atropelar un corzo cando circulaba pola estrada LU-633 ao seu paso polo municipio lugués de Paradela. Segundo informou a Garda Civil, o sinistro tivo lugar na madrugada do luns na estrada que une os concellos de Pedrafita e Palas de Rei.

Tras ter constancia do accidente, axentes da Benemérita desprazáronse ao lugar, onde someteron ao condutor á proba de alcoholemia, que arroxou un resultado dúas veces por encima do límite permitido. O piloto do coche figura como investigado por un delito contra a seguridade viaria. Por outra banda, ás 17,45 horas do luns produciuse un atropelo a un peón en Lugo, arroiado por un turismo conducido por un home de 24 anos que deu positivo en THC.

A vítima sufriu feridas leves, aínda que tivo que ser evacuado ao Hospital Lucus Augusti da capital luguesa.

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...