HomePolíticaA vía turística á beira do Miño que une O Saviñao e...

A vía turística á beira do Miño que une O Saviñao e Paradela, os populares piden á Deputación que recupere o proxecto

Os populares insisten, "a Deputación de Lugo, dende as súas competencias, pode contribuír ao desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra e dos concellos que a forman impulsando a construción da estrada LU-P-4206, dando continuidade a un proxecto ambicioso que una os municipios de Paradela e O Saviñao a través desta vía de enfoque turístico que bordea o Miño".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para os populares, o turismo é un dos principais sectores económicos da provincia de Lugo debido ao inmenso patrimonio natural, paisaxístico, arqueolóxico, arquitectónico, histórico, cultural e social do seu territorio. “Un potencial que hai que saber aproveitar dende a Deputación de Lugo, ben sexa de xeito directo ou colaborando cos concellos para que poidan sacar o máximo rendemento a este potencial.”

Por este motivo, o voceiro popular, Antonio Ameijide, defenderá no pleno unha iniciativa para que o equipo de goberno impulse a construción e continuación da LU-P-4206 “para conectar os concellos de Paradela e O Saviñao cunha vía turística e de conexión territorial que percorra a beira do río Miño poñendo en valor a zona e, polo tanto, constituíndo un atractivo turístico máis da Ribeira Sacra.”

A Ribeira Sacra xa está consolidada como destino preferente entre os turistas que visitan a provincia, “A ocupación nesta zona revela o crecente interese dos visitantes pola Ribeira Sacra ao alcanzar o 90% o pasado mes de agosto, segundo os datos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra”, recordou.

Este proxecto impulsouno Francisco Cacharro na Deputación de Lugo, “a construción dunha estrada á beira do río Miño con fins claramente turísticos e de conexión territorial entre os municipios de Paradela e O Saviñao. Entre 2003 e 2005 desenvolvéronse diferentes actuacións enmarcadas no P.O.L (Plan Operativo Local) que permitiron a construción de 3,920 quilómetros da LU-P-4206, en Paradela —dende a LU-633 no Loio ata o lugar da Adega— treito que formaba parte da primeira fase do proxecto, que estaba previsto que chegase ata San Facundo, onde a Deputación de Lugo conta cun embarcadoiro e, posteriormente, ao Saviñao. Desde o 2007 o proxecto quedou inconcluso a 400 metros do mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...