HomesociedadeA Deputación adxudica a rehabilitación da LU-P-4201 entre Paradela e O Saviñao

A Deputación adxudica a rehabilitación da LU-P-4201 entre Paradela e O Saviñao

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aproba a adxudicación de obras por preto de 650.000€ para a mellora de catro en estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Cospeito, Guntín, Friol, Palas de Rei, Paradela, O Saviñao e Castro de Rei

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A estrada provincial LU-P-4201 dá servizo ós concellos de Paradela e O Saviñao. Concretamente, as obras afectarán ó tramo que vai do quilómetro 8 ao 11,850 e a adxudicataria é a empresa Ogalia Contratas SL por 131.164€.

Os traballos consistirán no acondicionamento do firme, a reapertura de cunetas, e repavimentación de zonas degradadas. Ademais, a empresa inclúe melloras como o aumento do prazo de garantía en 3 anos e a redución dos tempos de execución en mes e medio, unha vez iniciadas as obras.

No mandato pasado, a Deputación xa investiu medio millón de euros para a mellora e renovación do pavimento de 12 quilómetros de estradas que unen Paradela e Currelos, no Saviñao. Esta mesma, a LU-P-4201 (en tres tramos); a LU-P-4205; e a LU-P-5818.

ÚLTIMAS

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado...