HomesociedadeAs Igrexas do sur lucense por onde trascorre o Camiño de Santiago...

As Igrexas do sur lucense por onde trascorre o Camiño de Santiago estarán abertas ós peregrinos

Publicado o

- Advertisement -

As Igrexas de Santiago de Triacastela, Santa María de O Cebreiro, o punto de información do Mosteiro de Samos, O Salvador de Sarria e San Nicolás de Portomarín, estarán abertas ós peregrinos que fagan o Camiño de Santiago este verán. Deste xeito, os camiñantes que así o desexen, poderán pernoctar unha única noite nos templos adaptados para tal fin.

Esta iniciativa estará dispoñible ata outono que é cando máis turistas de todo o mundo percorren as rutas xacobeas.

O acordo, celebrado entre a Directora de Turismo da Xunta, Nava Castro, xunto ó bispo da Dióecese de Lugo, Alfonso Carrasco, ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio espallado polo territorio galego. A iniciativa arrancou logo dun estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela onde se analizou o impacto da ruta no eido cultural. Unhas das conclusións deste estudo é que un dos aspectos máis valorados polos residentes dos concellos por onde transcorren o Camiño de Santiago é a súa contribución á restauración e á mellora do patrimonio cultural e a oportunidade para coñecer outras culturas.

 

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...