HomePolíticaO PSdeG expulsa do partido ao alcalde de Samos por apoiar a...

O PSdeG expulsa do partido ao alcalde de Samos por apoiar a candidatura do seu fillo, agora no PP

Di que vai "en contra dos intereses" dos socialistas.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PSOE de Samos rexistrou este mércores no Concello un escrito no que informa da expulsión do mesmo do alcalde, Julio Gallego, que pasará a ser concelleiro non adscrito tras coñecerse a fichaxe do seu fillo para ser candidato á Alcaldía polo PP.

En concreto, a finais do pasado mes de febreiro transcendeu que o PP de Lugo fichou a Miguel Gallego, fillo do actual rexedor de Samos polo PSOE, para encabezar a candidatura popular neste municipio. Tras iso, o propio alcalde confirmou a Europa Press que deixara de pagar a cota de afiliado do Partido Socialista e que se retiraba da carreira do 28M.


Así as cousas, este mércores, o Grupo Municipal do PSOE informou de que, o acordo, tomado pola maioría dos edís socialistas, recolle que Julio Gallego vén protagonizando nos medios de comunicación declaracións e actuacións de “extrema gravidade, incompatibles coa pertenza ao grupo municipal”.

Os socialistas consideran que o rexedor fixo declaracións públicas nas que manifestou “intereses e accións que van en contra do PSOE”, asegurando mesmo que apoiará a outra formación política de cara ás eleccións municipais de maio.

Ante iso, ratificaron o seu “pleno apoio e confianza” na candidatura á Alcaldía de José Antonio García Jurjo, “cun proxecto que ten como única prioridade o interese e o progreso de todos os veciños de Samos”.

ÚLTIMAS

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...