HomeComarca de SarriaSamosSamos acollerá un tramo do Rally San Froilán

Samos acollerá un tramo do Rally San Froilán

Será o día 18 de outubro e cun percorrido de 11,4 quilómetros que se inicia na estrada de Estraxiz e que remata preto do Mosteiro. Será, ademais, o derradeiro treito da proba e, por ende, do Campionato Galego que remata co rally lucense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Rally San Froilán contará por primeira vez cun tramo que pasa polo Concello de Samos. Será o vindeiro 18 de outubro cun percorrido moi técnico de 11,4 quilómetros que se inicia na estrada de Estraxiz e que conclúe preto do Mosteiro. A primeira pasada está prevista ás 18:45 horas, e a segunda ás 22:25 horas.

A alcaldesa de Samos Chus López destacou que “desde que chegamos ao goberno multiplicáronse as actividades en todos os ámbitos e hoxe estamos moi orgullosas de anunciar que o noso concello acollerá por primeira vez o Rally San Froilán, que é unha das probas deportivas máis destacadas das que se celebran en Galicia e no Estado. Temos ademais o aliciente de que o tramo, que será o último, pode ser decisivo tanto para o desenlace do Rally como do Campionato Galego”.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro reiterou “o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ao Rally San Froilán, un dos maiores expoñentes da gran afección ao automobilismo na provincia” e valorou que “o percorrido sexa tamén unha oportunidade de dinamización social para todos os concellos polos que pasa”.

Samos será a novidade no percorrido do Rally, que pasará tamén por estradas dos concellos de Outeiro de Rei, O Corgo, O Páramo e Sarria e que conta un ano máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo como principal patrocinador.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...