HomesociedadeMercar sen estar pendentes dos cativos será posible en Sarria

Mercar sen estar pendentes dos cativos será posible en Sarria

Os comerciantes asociados desta vila presentan esta tarde unha nova campaña para incentivar o comercio local. A idea é ofrecer aos clientes bonos para que os nenos e nenas poidan estar durante un tempo nun local de ocio.

Publicado o

- Advertisement -

Hoxe, 27 de maio, ás 17:00 h. a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria -ACES-CCU Sarria- presenta a campaña “Coidamos os teus cativos para que ti poidas mercar no CCU de Sarria”. No acto, que terá lugar na súa sede social da Rúa Calvo Sotelo, 91,  darán a coñecer a iniciativa aos medios.

Trátase dunha campaña de fidelización na que se premiará aos clientes dos establecementos asociados ao CCU. Poñerase en práctica o vindeiro mes de xuño e a idea é facilitar a custodia dos pequenos e pequenas para que as familias poidan realizar as súas compras máis comodamente en Sarria.

Inicialmente, ao redor dunha quincena de comercios asociados repartirán bonos gratuítos entre os seus clientes co obxecto de que estes poidan deixar os cativos e cativas nun local de ocio -40más1 Ocio Park- mentres realizan as súas compras. Os bonos serán trocables os sábados en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 h.

Ademais desta actuación, estase a traballar na implantación dunha plataforma de fidelización para premiar o compromiso co comercio local dos clientes da asociación -ACES-CCU- e mellorar as súas ofertas.

A presentación da campaña, esta tarde, correrá a cargo de Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios e no mesmo acto farase pública a imaxe do evento.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...