HomeCulturaAs XII Xornadas Xurídicas de Sarria versarán sobre responsabilidade civil

As XII Xornadas Xurídicas de Sarria versarán sobre responsabilidade civil

O Concello de Sarria e a Deputación de Lugo apoian unhas xornadas nas que a provincia de Lugo se converte, por dous días, na capital xurídica de España.

Publicado o

- Advertisement -

As Xornadas Xurídicas Román García Varela celebraranse os vindeiros días 15 e 16 de xuño e nelas daranse cita maxistrados, fiscais, avogados e profesores que tratarán sobre o presente e o futuro da Responsabilidade Civil.

Trátase dunhas xornadas que se celebran no Salón de Actos da Casa da Cultura de Sarria coa colaboración do Concello de Sarria, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia e que este ano na súa XII edición versarán sobre un concepto tan xurídico como é a “reponsabilidade” xa sexa contractual ou extracontractual.

Os directores destas xornadas son o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid, Carlos Lema Devesa, e o letrado Román García-Varela Iglesias, fillo do maxistrado sarriano que fundou este congreso. Ambos participarán xunto con outras autoridades como a alcaldesa de Sarria, o Presidente de Deputación de Lugo ou o Presidente da Xunta de Galicia na presentación o sábado 15 ás 10:45 h. da mañá.

A ponencia inaugural correrá a cargo do Presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas, que analizará a responsabilidade civil na xurisprudencia deste órgano xurisdiccional.

As xornadas están dirixidas a todo tipo de profesionais relacionados co mundo do Dereito principalmente pero tamén están abertas a outros interesados ata cubrir aforo. Contarán con tres mesas redondas que analizarán diferentes manifestacións da responsabilidade civil segundo o seu ámbito de aplicación: responsabilidade patrimonial da Administración, responsabilidade civil dos pais por actos do menor, a derivada de accidentes de tráfico ou do deporte, responsabilidade civil dos axentes na edificación ou responsabilidade civil de diferentes profesionais como médicos, avogados ou administradores de sociedades.

Respecto aos ponentes destacar, entre outros, a personalidades como o Profesor e Doutor José Antonio Gómez Segade, catedrático de Dereito Mercantil na Universidade de Santiago de Compostela,  D. Antonio Salas Carceller, Maxistrado do Tribunal Supremo, ou D. Fernando Suanzes Pérez, Fiscal Superior da Comunidade Autónoma de Galicia. O acto de clausura correrá a cargo de D. José Manuel Romay Beccaria, Presidente do Consello de Estado.

O programa deste ano pódese consultar na páxina web do Concello de Sarria.

Pilar López, alcaldesa de Sarria, remarcou “a importancia que ten para nós a elección de Sarria para a celebración destas xornadas, xa plenamente consolidadas pois este ano chegamos á duodécima edición, e nas que teremos con nós ás máis importantes autoridades do Poder Xudicial e maxistrados, fiscais e profesores especialistas no tema da Responsabilidade Civil”.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...