HomeComarca de SarriaSarriaO PPdG pedirá no Parlamento que se manteña a venda presencial de...

O PPdG pedirá no Parlamento que se manteña a venda presencial de billetes de tren en Sarria

Aseguran que a Xunta xa trasladou o seu "desacordo" ante unha medida que "incumpre o obxectivo de ofrecer servizos ferroviarios de calidade e proximidade".

Publicado o

- Advertisement -

O Partido Popular presentará no Parlamento de Galicia unha iniciativa para instar o Goberno estatal a que manteña a venda presencial de billetes nas estacións de tren de  Sarria, Burela e Viveiro. Pediranlle que rectifique unha decisión que “incumpre co obxectivo de ofrecer servizos ferroviarios de calidade e proximidade”.

O deputado do PP por Lugo Daniel Veiga denunciou que “non se pode tolerar outro recorte aos cidadáns por parte do Goberno do PSOE”, xa que a venda de billetes de forma directa “é fundamental para a pervivencia do transporte de viaxeiros por tren” nas comarcas lucenses. Asegurou que a Xunta de Galicia xa trasladou ao Goberno o seu “desacordo”.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...