HomesociedadeSarria é un dos poucos concellos de Lugo que aumentou a poboación...

Sarria é un dos poucos concellos de Lugo que aumentou a poboación no que vai de século

Un informe feito público polo Círculo de Empresarios de Galicia alerta de que Lugo é a provincia española que máis residentes perdeu desde o 2000, case 130.000 habitantes

Publicado o

- Advertisement -

Lugo é a provincia de España que máis residentes perdeu desde finais do século XX, case 130.000 persoas; mentres que Ourense, que perdeu 93.500 residentes, ocupa a cuarta posición, por detrás de Teruel e Zamora, cunha clara tendencia a empeorar desde comezos do século XXI. O concello de Sarria é o único do sur de Lugo que gañou poboación dende o 2000.

Son datos dun informe sobre a evolución demográfica en Galicia no último século, difundido este xoves polo Círculo de Empresarios de Galicia.  Segundo este informe, durante o século XX dez provincias españolas perderon poboación, con Teruel e Lugo á cabeza; e nestas dúas décadas do XXI, o récord osténtao Ourense en términos cuantitativos, aínda que a porcentaxe de despoboamento é superior en Zamora.

Segundo o censo do INE, os únicos concellos de Lugo que gañaron habitantes nestes últimos vinte anos son BurelaA FonsagradaLugoOuteiro de ReiRibadeoSarria e Viveiro.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...