HomesociedadeA ANPA do CEIP Frei Luís de Granada (Sarria) critica que os...

A ANPA do CEIP Frei Luís de Granada (Sarria) critica que os profesores suspendan as clases por obras

Apuntalouse boa parte do centro, polo que o persoal docente se "negou" a ir cos nenos ás aulas. Pais e nais tachan de "completa irresponsabilidade" esta decisión, porque "non contaban" que os nenos volvesen para casa e non teñen maneira de ir buscalos.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da ANPA do colexio Frei Luís de Granada, José Luís Díaz, criticou este luns que os profesores decidisen suspender as clases por obras no centro.

Díaz lembrou que “o colexio tivo problemas hai uns cinco anos”, polo que “a Consellería (de Educación) estaba a facer unhas medicións dunhas gretas que presentaba”. As obras evolucionaban ben, concretou, pero “á volta das vacacións de Nadal algunha desas gretas aumentou”.

Por iso, a dirección do colexio “chamou á Consellería, á unidade técnica de inspección” que se achegou a avaliar a situación. “Revelou que, segundo os arquitectos, o colexio está firme e non ten ningún tipo de problema”, resaltou o presidente da ANPA.  “Aínda así, decidiron facer unhas catas e apuntalar” durante ese proceso.  “Por seguridade dos nenos e de todo o mundo, apuntalouse unha parte importante do colexio”, pero agora os profesores “negáronse a ir cos nenos ás aulas e dar clases“, segundo manifestou este pai.

“COMPLETA IRRESPONSABILIDADE”

José Luís Díaz tacha de “completa irresponsabilidade” a decisión de suspender as clases, porque “agora os nenos que foron transportados ata alí non teñen transporte (pola mañá) para volver ás súas casas”. “Os pais que traballamos non contabamos que os nenos volvesen para casa”, abundou.

Finalmente, o presidente da ANPA Frei Luís de Granada estima que no colexio hai uns “400 nenos e puntualizou que “a 300 viñéronos a buscar os seus pais e outros cen permanecen no comedor do centro“, á espera de contar co transporte escolar.

A XUNTA GARANTE A SEGURIDADE

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, enviou unha mensaxe de tranquilidade aos pais e nais do alumnado. Asegurou que a colocación deses puntais non era motivo para “xerar alarma”, pois só se fai “por seguridade”. De feito, indicou que a actividade lectiva pode continuar “sen maior problema”, tal como xa precisara a Consellería.

 

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...