HomePolíticaSolución para ‘Ponte Ribeira’ en Sarria

Solución para ‘Ponte Ribeira’ en Sarria

Este venres 19 de xuño presentouse en Sarria a proposta do Equipo de Goberno para dar solución á Ponte Ribeira e a súa contorna. O acto contou coa asistencia do Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil (CHMS), don José Antonio Quiroga, e do Presidente da Deputación Provincial de Lugo, don José Tomé.

Publicado o

- Advertisement -

José Antonio Quiroga, Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, tratou co alcalde, Claudio Garrido, o avance dos trámites administrativos tendentes a conseguir a autorización para executar o proxecto da “pasarela metálica provisional para Ponte Ribeira”, dando deste xeito continuidade ao traxecto orixinal do Camiño de Santiago. O devandito proxecto atópase en trámite de Información Pública e pode consultarse nas oficinas do CHMS en Lugo, tal como se publica no BOP de Lugo de 12 de xuño de 2020.

Así mesmo, Quiroga comprometeuse a elaborar un estudio que permita a rehabilitación da parte alterada da ponte medieval para deixar á vista a fábrica orixinal de “Ponte Ribeira”.  “Temos que ser conscientes do patrimonio cultural asociado ao mundo da auga da que dispoñemos en Galicia e, por iso, dende a CHMS apostamos por manter as vías orixinais sen obviar a normativa de augas”, matizou o presidente.

COMPROMISO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

O Presidente da Deputación e o Alcalde de Sarria asinaran un protocolo co fin de restituír o acordo de colaboración que existía entre a Deputación de Lugo e o Concello para a Ponte Ribeira. “Naquel momento comprometinme co alcalde a formalizar neste ano 2020 un convenio semellante ao que perdeu vixencia sen que fosen executadas as obras”, lembrou José Tomé este venres no encontro con Claudio Garrido.

Así, pois, a visita a Sarria de Tomé confirma a formalización do seu compromiso. “Neste novo convenio de colaboración que asinaremos en breve mantemos a mesma achega económica que no anterior, son 150.000 euros, un investimento importante que terá tamén un impacto moi importante para Sarria”, subliñou.

O PROXECTO

O proxecto executarase en tres fases: 

1-Construción de plataforma provisional para paso de peóns/peregrinos e vehículos, incluídos autobuses, nunha soa dirección. Así liquídase a situación que vimos padecendo desde 2014.

2-Reconstrución, rehabilitación e recuperación da Ponte Ribeira sen formigón.

3-Execución dunha vía de circulación que comunique a Rúa do Peregrino coa Rúa Celso Emilio Ferreiro para o tráfico rodado. Toda esta actuación transformará esta zona nun gran espazo aberto e moderno combinando os valores patrimonial e ambiental.

Podedes ver aquí a recreación gráfica que difunde o Concello de Sarria na súa páxina de Facebook.

Hoxe presentouse a materialización da Proposta do Equipo de Goberno da solución para Ponte Ribeira e a súa contorna, coa asistencia do Presidente da Confederación Hidográfica do Miño Sil, don José Antonio Quiroga e do Presidente da Deputación Provincial de Lugo, don José Tomé. O proxecto executarase en tres fases: 1*._ Construción de plataforma provisional para paso de peóns/peregrinos e vehículos, incluídos autobuses, nunha soa dirección. Así se liquida a situación que vimos padecendo desde 2014. 2*._ Reconstrución, rehabilitación e recuperación dá Ponte Ribeira medieval, sen formigón. 3*._ Execución dunha vía de circulación que comunique a Rúa do Peregrino coa Celso Emilio Ferreiro para o tráfico rodado. Toda esta actuación transformará esta zona nun gran espazo aberto e moderno combinando os valores patrimonial e ambiental (fixádevos no último fotograma).#concellodesarria #camiñodesantiago #ponteribeira

Publicada por Concello De Sarria en Viernes, 19 de junio de 2020

 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...