HomeEconomíaClausura do obradoiro de emprego de Sarria

Clausura do obradoiro de emprego de Sarria

Sarria aproveitou esta iniciativa para desenvolver traballos de interese social relacionados coa rehabilitación de zonas urbanas e a formación turística. Ademais, catro profesionais do concello foron contratados para levar a cabo a instrución laboral.

Publicado o

- Advertisement -

O 24 de xullo deuse por rematado o obradoiro de emprego celebrado nos últimos 9 meses en Sarria e que deu formación tanto teórica como práctica a 20 alumnos. As especialidades impartidas foron pavimentación, albanelaría, urbanización, promoción turística local e información ó visitante.

Con esta iniciativa, Sarria puido desenvolver diversas iniciativas de interese social como é a rehabilitación do contorno urbano da praza da vila e o proxecto de formación turística vencellado á Casa do Marqués de Sarria.

Por outra banda, coa iniciativa promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, 4 profesionais do concello foron contratados para levar a cabo o obradoiro.

Balseiro no acto de clausura do obradoiro de emprego/Xunta de Galicia

José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta de Galicia, explicou, no acto de clausura, que Sarria foi un dos concellos beneficiarios por unhas das novidades que presentou a última convocatoria de obradoiros de emprego, en concreto, a ampliación da duración dos mesmos a 9 meses.

Balseiro rematou a súa intervención felicitando ós alumnos desta edición e engadiu que a Xunta destina preto de 30 millóns de euros na convocatoria de emprego deste ano, un 50% máis que na anterior. O obxectivo é favorecer a empregabilidade de 2000 desempregados galegos, tendo prioridade  os obradoiros vinculados ó eido forestal e ó Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...