HomesociedadeConfírmase un gromo na residencia de Sarria con 50 positivos

Confírmase un gromo na residencia de Sarria con 50 positivos

Segundo datos da Xunta, hai 47 maiores e tres empregados infectados

Publicado o

- Advertisement -

A residencia Nosa Señora do Carme de Sarria notificou este domingo a detección dun gromo nas súas instalacións que afecta a 47 residentes e tres empregados, informaron o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Política Social.

Con este foco, o número de usuarios de residencias de maiores galegas con coronavirus elevouse este domingo a 466 (32 máis) ao rexistrarse 69 novos positivos e 37 altas.

Así o recolle o balance diario de casos elaborado polas Consellerías de Política Social e Sanidade, actualizado á última hora do sábado. Ademais do gromo de Sarria, engádense á listaxe outros once anciáns de DomusVi Carballo, seis da Vivenda Comunitaria Sampedro II da Merca, dous da Vivenda Comunitaria Sampedro (ambas no mesmo complexo), un en DomusVi Laraxe de Cabanas, un en San José de Arzúa e outro na Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...