HomeComarca de SarriaSarriaSarria, 'destino turístico intelixente'

Sarria, ‘destino turístico intelixente’

O acordo para a súa inclusión chegou o pasado 14 de outubro tras unha reunión da Comisión Executiva desta rede dependente da Secretaría de Estado de Turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria súmase, do mesmo xeito que o resto dos municipios do camiño francés ao seu paso por Galicia, á rede de Destinos Turísticos Intelixentes tras a reunión da súa Comisión Executiva, celebrada o pasado 14 de outubro en Madrid.

Gobernanza e cooperación público privada, innovación, novas tecnoloxías, sustentabilidade e accesibilidade son os cinco eixos sobre os que vira e se vertebra a Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, unha inciativa impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo.

Os obxectivos principais deste proxecto son o desenvolvemento sostible do turismo, a transformación dixital dos destinos e zonas turísticas e a satisfacción dos turistas ao mesmo tempo que a mellora as condicións de vida da poboación nativa.

Unha boa nova que revaloriza o Concello de Sarria como destino para aumentar visitas e turistas nos vindeiros anos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...