HomesociedadeCon ganas de ‘Tapicheo’ en Sarria

Con ganas de ‘Tapicheo’ en Sarria

A partir do 15 de novembro comeza o prazo para anotarse no XIV Concurso de Tapas ‘Tapicheo 2021’.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria vén de publicar as bases de participación para o que será xa a XIV edición do concurso de tapas da vila, coñecido como ‘Tapicheo’.

O evento de dinamización económica está aberto á participación de establecementos da hostalería do Concello de Sarria e para formar parte do mesmo cómpre pagar 60 euros, 30 como cota de inscrición e outros 30 para sufragar o pago da viaxe que se sorteará entre os clientes que realicen o percorrido completo do circuito de tapas.

O prazo para formalizar a inscrición é do 15 ao 19 de novembro ás 14:00 h. e farase a mesma no Rexistro do Concello de Sarria ou a través da Sede Electrónica.

TAPAS E DETALLES DA PARTICIPACIÓN

Respecto ás tapas presentadas a concurso, o nome das mesmas indicarase no impreso de inscrición, non poderá repetirse a tapa de anos anteriores e terán que ser elaboradas para a ocasión, non sendo válidas as tapas que se serven no día a día aos clientes coas consumicións. O prezo da mesma estará entre 1 e 3 euros como máximo.

Dependendo do número de locais inscritos o concurso poderá durar entre o 4 ou 6 días nas datas arredor da ponte da Constitución e o horario mínimo para ofrecer os petiscos nos locais será entre as 20:00 e as 23:00 h.

Cada establecemento terá un distintivo para saber que participa no ‘Tapicheo’, papeletas e unha furna para que os participantes depositen o voto. Do reconto final sairán os 6 locais con máis votos para formar parte da final na que elaborarán as súas tapas para degustación do xurado profesional.

Para participar nas votacións, os clientes deben ter seladas as súas tarxetas por un mínimo de establecementos de cada unha das 5 rutas  –2 ou 3 dependendo do número total de locais que haxa inscritos–. Estes clientes participarán no sorteo de diferentes agasallos, e aqueles que completaran as tarxetas co selado de ‘todos’ os establecementos entrarán no sorteo dunha viaxe por cortesía dos negocios participantes.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...