HomeComarca de SarriaSarriaSarria queda sen xantar da 'Festa do cocido de porco celta'

Sarria queda sen xantar da ‘Festa do cocido de porco celta’

O Concello de Sarria vén de anunciar que queda cancelado este evento por mor da incidencia da Covid19. A XIV edición da exaltación deste produto autóctono cambia de formato e realizarase nos establecementos de hostelería da Comarca de Sarria durante a fin de semana do sábado 26 e domingo 27 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A COVID-19 segue provocando importantes cancelacións, a maioría delas relacionadas con eventos que congregan xente en espazos pechados. Este é o caso do tradicional xantar da Festa do Cocido do Porco Celta de Sarria.

Segundo vén de informar o Concello de Sarria, e moito ao seu pesar, queda cancelada esta xuntanza gastronómica. Daquela, a que será XIV edición da exaltación deste produto autóctono cambia de formato e realizarase nos establecementos de hostelería da Comarca de Sarria durante a fin de semana do sábado 26 e domingo 27 de febreiro.

Así, pois, todos aqueles establecementos que desexen participar ofrencendo o menú do cocido ou realizando tapas de productos de porco celta, poden asistir a unha reunión que terá lugar este martes día 8 de febreiro ás 17:30 h. no salón de plenos da Casa do Concello.

Para máis información poden poñerse en contacto co Concello de Sarria nos teléfonos: 982 53 50 00 e 982 53 06 68, ou no correo turismo@sarria.gal antes do 10 de febreiro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...