HomeComarca de SarriaSarria‘Festa do Rosario’ en Sarria

‘Festa do Rosario’ en Sarria

Será o 9 de outubro e presenta un amplo programo de actividades para todo o día. O grupo Tania Veiras fará tres pases de música para animar a festa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Volve a Festa do Rosario e faino por todo o alto este domingo 9 de outubro.

A asociación Meigas e Trasgos erguerá a veciñas e veciños cun pasarrúas antes da misa que será ás 12:30 h. na Igrexa do Rosario e estará cantada polo coro Sarricanta. A procesión estará acompañada tamén pola formación tradicional de Meigas e Trasgos.

Ás 14:00 h. o grupo Tania Veiras será o encargado de animar a sesión vermú facendo tempo para o xantar popular que será ás 15:00 h. na Rúa Gran Vía.

Xa pola tarde, ás 18:00 h. volve actuar a orquestra Tania Veiras e ás 19:30 h. o mago local Roberto Lolo ofrecerá o seu espectáculo. Ao remate, chocolatada para todas e todos os asistentes.

A xornada dominical e Festa do Rosario poñerá o ramo coa verbena, amenizada tamén polo grupo Tania Veiras.

Ademais do comercio local, fan posible a organización desta festa a Deputación de Lugo e o Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...