HomeComarca de SarriaSarriaCursos de alfabetización dixital en Sarria

Cursos de alfabetización dixital en Sarria

Como en anos anteriores o concello organiza unha serie de formacións para familiarizarse coas novas tecnoloxías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A aula da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) de Sarria comezou a impartir este mes de novembro novos obradoiros de alfabetización dixital.

Os cursos que se ofrecen son os seguintes:

Ofimática na nube – Google Drive

Do 2 ao 23 novembro, de 19:00 a 20:30 horas

Iniciación á Internet e ao Correo Electrónico

Do 3 ao 4 de novembro, de 17:30 a 19:00 horas

PARA MOCIDADE, A PARTIRES DE 14 ANOS

Iniciación á informática

Do 3 ao 28 de novembro de 16:00-17:30 h.

Edición de imaxes e retoque básico con GIMP

Do 3 ao 21 novembro de 19:00-20:30

Procesador de textos Writer

Do 28 de novembro ao 15 decembro de 19:00-20:30 h.

Cl@ve – Trámites online co Concello de Sarria e outras administracións

Do 30 novembro ao 21 de decembro de 19:00-20:30 h.

INSCRICIÓNS

Para aqueles cursos nos que aínda se estea a tempo, a inscrición ou información complementaria poderá solicitarse na Biblioteca Municipal en horario de mañá ou no teléfono 982 53 0723. E tamén directamente na páxina web da rede CeMIT.

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...