HomeComarca de SarriaSarriaGarda Civil e profesionais da xustiza falarán sobre violencia de xénero en...

Garda Civil e profesionais da xustiza falarán sobre violencia de xénero en Sarria

O Concello de Sarria organiza unha charla-coloquio baixo o título "Profesionais ao servizo da convivencia sen violencia" o vindeiro mércores 23 de novembro na Casa da Cultura ás 19:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co gallo do 25N, o Concello de Sarria convida a unha interesante charla con posterior coloquio na que se abordará o tema da violencia de xénero dende o traballo que realiza a Garda Civil e profesionais do ámbito da xustiza.

O acto, baixo o título “Profesionais ao servizo da convivencia sen violencia”, terá lugar o mércores 23 de novembro a partir das 19:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura de Sarria. A presentación, ás 19:15 h., correrá a cargo da concelleira de Muller e Igualdade, Mª Eugenia Valcárcel López, e do Alcalde Claudio M. Garrido Martínez.

A continuación, ás 19:30 h., comezará a charla a cargo dos catro relatores que participan na mesma. Por un lado estarán Javier Hernández e José Ramón Boo, gardas Civís pertencentes ao Equipo de Violencia de Xénero da Compañía de Monforte de Lemos; e polo outro interveñen Covadonga González López, letrada do ICA de Lugo, colexiada exercente do Colexio de Avogados de Lugo e adscrita ao turno de Violencia de Xénero, así como tamén Sergio Orduña Alonso, Maxistrado-Xuíz titular do Xulgado de Violencia de Xénero de Lugo.

Rematadas as súas ponencias abrirase un coloquio entre as e os asistentes.

ÚLTIMAS

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...