HomeDeportesOs veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

Esta pasada fin de semana tiña lugar en Covas, Vila Nova de Cerveira, a XVI Taça Ibérica de Slalom. O Club monfortino participaba, xunto con outros clubes galegos e portugueses, nesta competición internacional na que acadou un total de 9 medallas e un 3º posto por equipos.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na coñecida como Taça Ibérica (Copa Ibérica), unha proba que se celebrou na freguesía de Covas, en Vila Nova de Cerveira, e que este 2026 alcanzaba a súa XVI edición. O sábado 28 de febreiro tiveron lugar as eliminatorias e as semifinais, deixando para o domingo 1 de marzo as finais que alcanzaron gran parte dos deportistas que ían na expedición do club de piragüismo monfortino.

Foto de equipo do Club Quixós tras a competición. Foto: XMF

A competición tivo como escenario o fermoso río Coura, na Azenha de Pagade, e a climatoloxía acompañou os dous días con presenza de sol preprimaveral que foi ben recibido pola organización, equipos deportivos participantes, acompañantes e público en xeral.

O Club Quixós fixo un gran papel nesta competición internacional, de carácter ibérico, acadando un 3º posto por equipos e levando a Monforte un total de 9 medallas individuais (5 ouros, 3 pratas e 1 bronce). Todas e todos os integrantes do equipo competiron a gran nivel, se ben só poideron subir ao podio Sara Inés Varela, Noa Díaz, Xoel Fernández, Jose Liñares, Pablo Atrio e Santi Díaz.

Na categoría infantil, Xoel Fernández acadou 2 ouros: en K-1 e en C-1; en júnior, Sara Inés acadou dúas pratas: en C-1 e en K-1; e na categoría sénior, Noa Díaz foi campiona en K-1 e tamén en C-1. Pola súa banda, e como curiosidade, na categoría de veteranos K-1, subiron ao podio 3 piragüistas do Quixós: Santi Díaz (ouro), Pablo Atrio (prata) e Jose Liñares (bronce). Este último amosou especialmente a súa ledicia pois era a primeira vez que conseguía medalla.

Pleno no podium de veteranos na XVI Taça Ibérica de Covas 2026. Foto: Federación Galega de Piragüismo.
Un dos podiums de Sara Inés Varela. Foto cedida.
Un dos podiums de Xoel Fernández. Foto cedida.
Un dos podiums de Noa Díaz. Foto cedida.

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...