HomesociedadeBenjamín Escontrela, edil de Sarria, acusado de contratar un detective privado para...

Benjamín Escontrela, edil de Sarria, acusado de contratar un detective privado para “espiar” ás traballadoras da residencia Nosa Señora do Carme

O sindicato CIG denunciou este venres as informacións de "extrema gravidade" trasladadas desde o Concello de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

O sindicato CIG denunciou este venres as informacións de “extrema gravidade” trasladadas desde o Concello de Sarria sobre a contratación por parte do edil Benjamín Escontrela dun detective privado para “espiar” ás traballadoras da residencia municipal de Nosa Señora do Carme que se atopaban en situación de baixa laboral.

“Entendemos que o cesamento de Benjamín Escontrela á fronte da residencia municipal da Nosa Señora do Carme chega tarde e, por desgraza, obedeceu a criterios de natureza política, posto que a súa xestión da residencia foi obxecto de continuas controversias durante a presente lexislatura“, cuestionaron desde CIG.

A CIG tamén tachou a xestión de Escontrela á fronte da residencia de “nefasta” e lembrou que, en materia laboral, durante o seu mandato, retirouse o complemento de incapacidade temporal ás traballadoras, unha decisión que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considerou ilegal, e mesmo vulnerou o dereito de conciliación.

Así mesmo, o sindicado, a través dun comunicado, fixo un chamamento ao goberno local de Sarria a “que actúe con todas as ferramentas” contra Escontrela pola súa “nefasta e caprichosa xestión da residencia”, ademais de pedir que se esclarezan con “pelos e sinais” os feitos acaecidos.

ÚLTIMAS

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...