HomeComarca de SarriaSarriaEsmorga Fest: un cartel con 15 bandas e músicos confirmados

Esmorga Fest: un cartel con 15 bandas e músicos confirmados

Efrén Castro suliñou “a importancia de soster e reforzar este tipo de eventos para a proxección cultural e turística de Sarria”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Esmorga Fest empeza a conta atrás para a vindeira edición que traerá a mellor música independente e underground a Sarria os días 19 e 20 de maio. A Vicepresidencia da Deputación será o principal patrocinador do evento.

A banda británica Bdrmm, que destaca nas listas de éxito do Reino Unido e acumula reseñas en publicacións internacionais de referencia, e a sueca Last Days of April son os nomes internacionais do festival, que conta con 15 grupos confirmados.

Charnego, Grande Amore, Pálida, Cora Novoa, Lagoon, La Plata, VVV  [TrippinYou], The Parrots, Ghouljaboy, Los Punsetes, Yawners, John Axiom e o artista local Castro, fundador de Disco As Palmeras que emprende proxecto en solitario, figuran tamén no cartel, co que a organización mantén a premisa que inspirou a creación do festival. “Buscamos grupos emerxentes, que poidan sorprender ao público,  máis que reunir ao top ten do xénero”, resumen.

“O traballo da organización , que se sobrepuxo  a incertidume do inicio,  e que coa nova edición mantén Sarria no mapa dos festivais máis destacados de Galiza e do resto do Estado” e destacou “a importancia de soster e reforzar este tipo de eventos para a proxección cultural e turística de Sarria”, comentaba o deputado provincial Efrén Castro.

O Esmorga Fest mantén o formato das últimas edicións, con concertos de pago na Sala Litmar –os días 19 e 20– e actuacións gratuítas o día 20 en La Unión, nunha xornada que abre o festival á veciñanza de Sarria.

O apoio económico da área de Cultura da Deputación de Lugo garantiu a continuidade do evento, que está entre os mellor valorados de Galiza e do resto do Estado no seu formato e que conta cunha gran implicación e apoio da veciñanza e do tecido asociativo e empresarial de Sarria. 

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...