HomeEconomíaAlertan da saturación no xulgado de Sarria ante a falta de persoa...

Alertan da saturación no xulgado de Sarria ante a falta de persoa para atender a carga de traballo

O secretario nacional da CIG-Xustiza, Óscar Freixedo, critica este incumprimento e informa de que "hai máis de dous meses que hai dúas prazas neste órgano sen cubrir".

Publicado o

- Advertisement -

A sección sindical de CIG-Xustiza alertou dunha situación de “saturación” no xulgado de Sarria por “a falta de persoal suficiente para atender a elevada carga de traballo”.

Nun comunicado, a organización sindical acusa á Xunta de “enganar a toda a veciñanza da comarca” ao anunciar “publicamente o pasado mes de decembro” que non ía retirar o persoal de reforzo. “Semanas despois o xulgado quedou sen este persoal”, denuncia.

O secretario nacional da CIG-Xustiza, Óscar Freixedo, critica este incumprimento e informa de que “hai máis de dous meses que hai dúas prazas neste órgano sen cubrir”, o cal implica “sobrecarga de traballo e atraso na tramitación de expedientes”.

Freixedo reclama á Xunta que proceda “de inmediato” a cubrir o reforzo e dote a todos os órganos xudiciais dos cadros de persoal necesarios para garantir unha administración de xustiza “eficaz e rápida”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...