HomeComarca de SarriaSarria'1000 euros para gastar nunha hora' atractiva campaña do comercio local de...

‘1000 euros para gastar nunha hora’ atractiva campaña do comercio local de Sarria

As compras nos trinta e un comercios adheridos á campaña farán que unha persoa sexa a gañadora de MIL euros para gastar no tempo límite de 60 minutos de acordo coas bases da promoción.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado día 29 de xuño, ás 13.00 horas, tivo lugar a presentación dunha nova campaña de dinamización do comercio local de Sarria na tenda de deportes “Atmósfera Sport” coa presenza de Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios –CCU de Sarria–. e de Armando, socio e propietario do devandito comercio. Estamos a falar da campaña coñecida como “60×1000” e que se desenvolverá durante todo o mes de xullo.

Trátase dunha campaña impulsada polo Centro Comercial Urbano de Sarria que chega este ano á súa décima edición sendo unha das que mellor acollida ten polos clientes do CCU Sarria. E non é sen motivo, resulta tan atractiva polo premio que ten: MIL EUROS para gastar en todas aquelas cousas que queira a persoa gañadora, pero coa condición de que terán que ser gastados nun prazo máximo de 60 minutos

Esta campaña, que fomenta o comercio local, estará nas rúas da vila de Sarria durante todo este mes cadrando no tempo coas rebaixas. As compras nos trinta e un comercios adheridos á campaña farán que unha persoa sexa a gañadora deses mil euros para gastar ao seu antollo no tempo límite dunha hora, de acordo coas bases da promoción. 

COMERCIOS PARTICIPANTES

“Ábaco Sarria, Atmósfera Sport, Brissa Salón, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado Sarria, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Electronova, Herboristería Linva, Joyería Díaz, Joyería Salgado, Juguetería Don Dino, Juguetería y Puericultura 1, 2, 3… escondite inglés, Lar de Menchu, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport Sarria, Moncho Moda, Óptica Adrián Salgado, Óptica Malecón, Sabrina Moda, Santamarta, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida”. 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...