Homesociedade260.000€ na mellora da estrada provincial que une Sarria e Paradela

260.000€ na mellora da estrada provincial que une Sarria e Paradela

A Deputación de Lugo vén de iniciar obras de mellora da estrada provincial LU-P-5709, entre os concellos de Sarria e Paradela, cun investimento que se achega aos 260.000€. As actuacións, adxudicadas á empresa Excavaciones Santiños S.L., afectan a cinco quilómetros de vía, dende o punto quilométrico 5,9 ao 10,7.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos, que teñen un prazo de execución de 2 meses dende esta mesma semana, inclúen a limpeza de laterais da vía, obras de drenaxe, a extensión de aglomerado en quente e a sinalización horizontal e vertical.

Con este proxecto, a estrada que une Sarria e Paradela, dende a parroquia de Santa María a Castro de Rei de Lemos por Vilamaior, verá aumentada a súa seguridade e comodidade. En total esta vía conta con máis de 14 quilómetros, dos que 3,9 son no Concello de Paradela e 10,3 pertencen a Sarria.

O pasado verán levouse a cabo outra actuación nesta mesma estrada á altura do quilómetro 8,140, que permitiu renovar cun orzamento de 20.000€ a drenaxe existente neste punto, executando unha estrutura que serviu para canalizar a auga do Rego do Barcelo co fin de evitar filtracións de auga na calzada.

A Deputación de Lugo leva investidos desde 2019 preto de 7M€ en infraestruturas viarias na comarca de Sarria a través de varias liñas de actuación. Dos 4.200 quilómetros da rede de estradas provinciais, máis de 300 quilómetros percorren os concellos desta comarca repartidos en máis de medio cento de vías. A institución provincial actúa nestas estradas a través do Plan Único, cos medios propios do Parque Móbil e tamén con cargo ao Plan Provincial de Conservación de Estradas.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...