HomesociedadeSuspendido o xuízo contra un mozo de 21 anos que lle deu...

Suspendido o xuízo contra un mozo de 21 anos que lle deu unha patada a un médico de Sarria que lle pediu poñer a máscara

O Ministerio Fiscal pide para o imputado, que se atopa en paradoiro descoñecido, unha pena de 18 meses de cárcere.

Publicado o

- Advertisement -

Xulgado do Penal número 1 de Lugo suspendeu este xoves o xuízo previsto contra un home acusado de insultar e propinar unha patada a un médico no Punto de Atención Continuada (PAC) da localidade de Sarria ao non comparecer o imputado nin constar como citado por atoparse en paradoiro descoñecido.

A vista, á que si acudiron testemuñas presenciais dos feitos, dous axentes da Garda Civil, o sanitario presuntamente agredido e unha enfermeira do citado centro hospitalario, foi sinalada novamente para o próximo 23 de febreiro. O Ministerio Fiscal solicita para o acusado unha pena de 18 meses de cárcere e tres meses de multa por un presunto delito de atentado contra funcionario público en concurso cun delito leve de lesións.

Os feitos que deberán ser xulgados tiveron lugar a madrugada do 20 de xuño de 2021 na localidade de Sarria. En base ao recolleito no escrito fiscal, o acusado, un mozo de 21 anos,persoouse no Punto de Atención Continuada do municipio en compañía da súa parella sentimental, que se atopaba enferma.

Un facultativo requiriu entón ao home que se puxese a máscara para permanecer no interior do centro, ao que este respondeu proferindo insultos ao sanitario e propinándolle unha patada na perna. Ante a actitude agresiva do imputado, recolle o escrito fiscal, o médico viuse obrigado a encerrarse con chave na súa consulta, “momento en que o acusado comezou a dar reiteradas patadas á porta”. Os feitos, entende a Fiscalía, son constitutivos dun delito de atentado contra funcionario público polo que se solicitará unha sentenza condenatoria de 18 meses de cárcere.

ÚLTIMAS

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...

Preséntase o cartel da XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que se celebrará do 9 ao 11 de maio

O cartel destaca as tres ribeiras de Pantón, a do Miño, a do Sil...

Inscricións abertas para o Quiroga Bike Marathon que se celebra en setembro

O recorrido do Quiroga Bike Marathon levará aos  ciclistas a unha espectacular paisaxe pasando...

Novo parque infantil e zona de horto no colexio de Samos

O deputado de Rural e Mocidade, Daniel García, coñeceu no CEIP de Samos, as...